64. Rehabilita a túa vivenda para salvar o planeta

Esta semana falamos do concepto de “retrofit”, é dicir, da rehabilitación de vivenda para mellorar a súa eficiencia enerxética. Este tema, que pode parecer moi seco, é unha porta aberta para reducir de xeito significativo as emisións de CO2 e, ao mesmo tempo, aforrar na factura da luz e crear milleiros de postos de traballo.

Conversamos con Aydin Dikerdem, do think tank británico New Economics Foundation, e coordinador dunha campaña para promover un programa masivo de modernización da vivenda no Reino Unido. Ao outro lado do Atlántico entrevistamos a Elena Ampudia, decana do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará