Adeus e até setembro!

Logo dun ano e medio con este podcast, decidimos porlle fin á tempada 1 do Té con Gotas e tomarnos unhas pequenas vacacións.

Deixaremos de subir programas novos e de actualizar as redes sociais até o mes setembro. A páxina de Patreon seguirá aberta pero tampouco publicaremos ningún contido exclusivo neste tempo, así que todos os pagamentos estarán pausados até que retomemos a actividade.

Grazas polo voso apoio durante este ano e medio. Escoitámonos en setembro!

Duarte e Miguel


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *