[Exclusivo Patreons] Rehabilitación enerxética para o desenvolvemento local
Podcast: Embed
A semana pasada dedicámoslle un programa completo á cuestión do “retrofitting”, é dicir, da rehabilitación enerxética. Para este Té Sen Gotas, queremos pararnos un pouco máis na relación entre un programa ambicioso de modernización do parque de vivenda e o “community wealth building”, un concepto do que tamén falamos hai unhas semanas.
Ademais, revisitamos as propostas da New Economics Foundation para entender que outras opcións máis aló das axudas directas se poden usar para fomentar que os propietarios renoven as súas vivendas.
Escóitao completo en patreon.com/tecongotas
Bo día rapaces, agardo que esteades ben.Unha idea marabillosa, eu comentei isto non hai moito e a resposta foi unha gargallada e unha reflexión: Fina segues a ser unha romantica..unha aperta e sempre parabéns polo voso traballo impecable!