Mes: Decembro 2020

  • [Exclusivo para Patreons] O podcast sobre Brexit que non puido ser

    Gustaríanos ter rematado o 2020 cun podcast explicando o novo acordo comercial que vai regular a relación entre o Reino Unido e a Unión Europea a partir de 2021. Pero, para variar, as negociacións seguen estancadas e nós imos marchar de vacacións, así que temos que conformarnos cun podcast explicando os tres grandes puntos de fricción: regras de xogo, arbitraxe e pesca.

  • 48. Transparencia, fuga de cerebros e entrevista con Sara Fernández

    Esta semana comparamos a cultura da transparencia das institucións públicas en Galiza e no Reino Unido. Neste programa tamén abordamos un tema lixeiramente relacionado, o da fuga de cerebros. Entrevistamos á economista Sara Fernández López, que vén de publicar xunto con outros investigadores do Foro Económico de Galicia un informe analizando a fuga de talento no noso país.

  • [Exclusivo para Patreons] Unirse ao ISIS: camiño de ida sen volta?

    Hoxe falamos do caso de Shamima Begun, unha rapaza británica que en 2015, con tan só 15 anos, deixouno todo para unirse ao ISIS en Siria. Shamima está agora presa nun campo de prisioneiros controlado polas milicias kurdas. A pesar da súa intención de regresar ao Reino Unido, o Goberno de Boris Johnson retiroulle a nacionalidade por considerala unha ameaza para a seguridade. O Tribunal Supremo decide estas semanas se Shamima ten dereito a volver a Londres para, como mínimo, apelar contra esta decisión. A polémica está a abrir un debate moi fondo sobre os dereitos fundamentais no país.