Programas

  • 45. Galego en Londres

    Hoxe falamos dunha auténtica institución da diáspora galega no Reino Unido: o proxecto Galego en Londres. O que comezou como unha proposta educativa para a aula de lingua galega do instituto español Cañada Blanch, rematou por converterse nun punto de encontro para os galegos e galegas emigrados no Reino Unido. Falamos cos dous nomes propios que deron vida a este proxecto: Xaime Varela e Begoña González.

  • 44. Escocia: cara un novo referendo de independencia?

    Malia que un 62% dos escoceses votaron a favor de permanecer na Unión Europea no referendo de 2016, Escocia está sendo arrastrada contra a súa vontade cara un Brexit pilotado en exclusiva desde Londres. A saída da UE e o ascenso como primeiro ministro de Boris Johnson están a reavivar os cantos de independencia nun país que en maio celebrará eleccións ao seu Parlamento nacional. O Scottish National Party (SNP), a quen todas as enquisas dan como claro gañador, xa anunciou a súa intención de convocar un segundo referendo de independencia, malia que Boris Johnson se nega a aprobalo. Encamíñase Escocia cara unha nova consulta histórica sobre o seu futuro?

  • 43. Neno, que pasa co Brexit?

    Con este título con reminiscencias coruñesas abrimos a tempada 2 do Té con Gotas. E facémolo cun tema xa clásico neste podcast: o Brexit. Falamos dos últimos movementos deste verán e do estado das negociacións do tratado de libre comercio.

  • Juan Carlos á fuga? Entrevista exclusiva co xornalista que desvelou os últimos escándalos da Casa Real

    Esta semana facemos un alto nas nosas vacacións para facer un podcast sobre a Familia Real. O motivo? Temos en exclusiva unha entrevista con James Badcock, o xornalista británico que desvelou nas páxinas do Daily Telegraph algúns dos escándalos da Casa Real que fixeron ao Rei Juan Carlos fuxir do país.

  • 42. Adeus e até setembro!

    Neste podcast despedimos a primeira tempada do Té con Gotas repasando algúns dos mellores momentos deste ano e medio e anticipando algunhas das novidades que chegarán a partir de setembro.

  • 41. Entrevista con Antonio Rodríguez Miranda, candidato do PP

    Para pechar a nosa cobertura especial das eleccións galegas, entrevistamos a Antonio Rodríguez Miranda, candidato do Partido Popular na provincia de Ourense e Secretario Xeral de Emigración da Xunta de Galicia desde o ano 2012.

  • 40. Entrevista con Xoaquín Fernández Leiceaga, presidente do PSdeG

    A nosa cobertura especial das eleccións galegas de 2020 tráenos hoxe ao presidente do PSdeG e coordinador do seu programa electoral, Xoaquín Fernández Leiceaga, con quen falaremos das súas propostas para a diáspora galega.

  • 39. Entrevista a Ana Pontón, candidata do BNG

    Continuamos a nosa cobertura especial das eleccións galegas de 2020 cunha entrevista a Ana Pontón, cabeza de cartel do BNG. Preguntámoslle polas propostas da formación nacionalista para a Galiza exterior.

  • 38. Entrevista a Antón Gómez Reino, candidato de Galicia en Común

    Comezamos a nosa cobertura especial das eleccións galegas entrevistando a Antón Gómez Reino, candidato á presidencia da Xunta de Galicia por Galicia en Común. Nas próximas semanas iremos falando con outros candidatos e representantes de distintas forzas políticas galegas.

  • 37. Auxe e caída (nas enquisas) de Boris Johnson

    Cando comezou a pandemia global, o goberno de Boris Johnson estaba nunha posición de forza. Mesmo nos primeiros meses da crise do coronavirus, a satisfación coa súa xestión era moi alta. Pero nas últimas semanas a opinión pública comezou a virarlle as costas ao goberno. No podcast desta semana falamos do auxe e caída -polo menos nas enquisas- do primeiro ministro.