Apóianos

Gústame o que facedes. Como vos podo apoiar?

Se queres apoiar economicamente o Té con Gotas pódelo facer a través da plataforma Patreon

Temos varios paquetes de subscrición e en todos eles terás acceso en exclusiva aos Té Sen Gotas, que son podcasts máis curtiños que publicamos cada dúas semanas para a xente que está subscrita. A maiores, nos niveis superiores tamén che enviaremos material promocional como mostra de agradecemento ao teu apoio. 

Que paquetes de subscrición tedes?

Estes son os distintos paquetes que ofertamos. Se te queres subscribir, tes que premer na ligazón correspondente co tipo de subscrición que queres.

Nivel Baltar

Acceso exclusivo a todo os Té Sen Gotas

Subscríbete por $2.50 ao mes

Nivel Mr. Bean

Acceso exclusivo a todo os Té Sen Gotas

Auto-colantes do Té con Gotas

Subscríbete por $5.00 ao mes

Nivel Gayoso

Acceso exclusivo a todo os Té Sen Gotas

Auto-colantes do Té con Gotas

Imán de neveira

Subscríbete por $7.50 ao mes

Nivel Amancio Ortega

Acceso exclusivo a todo os Té Sen Gotas

Auto-colantes do Té con Gotas

Imán de neveira

Taza Té con Gotas

Subscríbete por $10 ao mes

Como accedo ao contido exclusivo?

Podes acceder ao contido exclusivo a través da plataforma Patreon ou nesta páxina web se fas login coa túa conta de Patreon.

Cando enviaredes o material promocional?

Agora mesmo está todo impreso e listo para saír, pero temos limitacións por culpa do coronavirus. En canto as cousas se relaxen un pouco enviaremos os paquetes co material promocional. 

En que gastades os cartos?

O Té con Gotas ten unha serie de gastos fixos que hai que cubrir. Isto inclúe servidores, programas de gravación e equipo. Coas vosas doazóns podemos pagar todo iso e invertir en micrófonos mellores, en campañas de publicidade para chegar a máis xente e tamén retribuír as horas que lle dedicamos a isto.