Sobre nós

Somos Duarte e Miguel, dous xornalistas galegos en Londres. A comezos de 2019, despois de moitos xantares xuntos no descanso do traballo, reparamos en que merecía a pena falar do Reino Unido. Aquí nacera o estado do Benestar, aquí comezou a desmontalo Margaret Thatcher, e por aquí comezou a rachar a Unión Europea. Por riba, este foi o refuxio de centos de galegos en busca dun mellor porvir despois da crise de 2008. Definitivamente, valía a pena. Así naceu o podcast Té con Gotas.
Duarte Romero Varela é xornalista e investigador de audiencias. Leva 10 anos no Reino Unido e traballa para The Telegraph. Pódelo atopar en Twitter como @Duarte_RV
Miguel Rodríguez Fernández é xornalista de datos e leva tres anos no UK. Traballa en Londres escribindo e facendo gráficos sobre mercados petroquímicos. No Twitter, chía como @miguelrofer