Comer carne en tempos de crise climática: cara un futuro sen macrogranxas?

O último affaire ibérico coas macrogranxas pode pasar á historia dos manuais de Ciencia Política e Xornalismo como un bo exemplo de que, ás veces, hai polémicas que saltan aos medios a lombos das fake news ou, como mínimo, declaracións terxiversadas. Malia iso, o episodio puxo sobre a mesa o debate sobre a sustentabilidade deste tipo de grandes explotacións gandeiras nun mundo cada vez máis asediado polos efectos da crise climática. Neste programa tratamos de analizar que son as macrogranxas, que impacto ambiental e socioeconómico ten este modelo, cal é a súa presenza real en Galiza e que posibilidades habería de prescindir deste xeito industrial de producir carne e apostar por explotacións máis sostibles. Para achegar algo de sentidiño ao debate falamos co profesor titular de Economía Aplicada na Universidade de Santiago de Compostela (USC) e experto no ámbito da economía agraria Edelmiro López Iglesias, coa secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba, e co xerente da cooperativa cárnica dos Ancares ‘A Carqueixa’, Román Sánchez.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará