Mes: Marzo 2021

  • 54. A ruptura do independentismo escocés

    Falamos do conflito que enfronta aos dous grandes líderes do independentismo escocés no século XXI: Alex Salmond e Nicola Sturgeon. Unha serie de denuncias de abusos sexuais contra o antigo líder do SNP levaron a un conflito de difícil solución entre estes dous vellos aliados. A pouco máis dun mes das eleccións escocesas, Alex Salmond anuncia a aparición dun novo partido independentista: ALBA. Sobre isto conversamos con Xabier Villares, galego residente en Edimburgo e afiliado ao Scottish National Party de Nicola Sturgeon.

  • [Exclusivo Patreons] A lei mordaza británica

    O parlamento británico está debatendo unha proposta de lei que, entre outras cousas, outogará poderes especiais á policía para disolver protestas que causen demasiados prexuízos a terceiros. No Té Sen Gotas desta semana debullamos esta lei e explicamos os acontecementos que fixeron que estivese de tanta actualidade.

  • 53. Cara unha nova política económica conservadora?

    Rematou finalmente a política de austeridade? Estase abrindo unha nova era onde os impostos altos e a intervención pública na economía van ser o habitual? No Té con Gotas desta semana debullamos o orzamento presentado hai un par de semanas polo goberno británico, que inclúe fortes subidas de impostos e un nivel de investimento pouco habitual en gobernos conservadores.

  • 📧 Adeus ao voto rogado? Entrevista coa deputada socialista Pilar Cancela🌹

    Todos os mércores enviamos un newsletter coas últimas novidades do que está a acontecer no Reino Unido. A continuación, reproducimos o do pasado mércores 3 de marzo. Se che gusta, […]

  • 52. A reforma do voto rogado – entrevista con Pilar Cancela

    Para poder votar desde a emigración, hai que solicitarllo ao goberno español para que envíen a documentación por correo postal. A isto chámaselle voto rogado, e leva sendo un quebradeiro de cabeza desde que se implantou no ano 2011. A semana pasada, o PSOE e Unidas Podemos presentaron unha proposta de lei para derrogalo. No Té con Gotas entrevistamos a unha das súas promotoras, Pilar Cancela, deputada do PSOE pola provincia da Coruña.