Mes: Xuño 2021

  • 61. Fin de etapa no Té con Gotas (vémonos en setembro)

    Este é o último programa da etapa británica do Té con Gotas. Non só pechamos tempada, senón que cando volvamos despois do verán, farémolo con outro formato non tan centrado na actualidade do Reino Unido. O programa de hoxe está dedicado a facer memoria e lembrar o que aprendimos con este proxecto, os nosos programas favoritos e tamén reflexionamos sobre as ideas que nos gustaría levar a Galiza.

  • 60. O traspés co que Boris non contaba e un anuncio IMPORTANTE do Té con Gotas

    No podcast de hoxe analizamos os resultados da by election de Chesham and Amersham, un feudo tradicional dos conservadores no que, contra o que anticipaban todas as enquisas, gañaron os liberal demócratas. Despois das últimas victorias tories en zonas laboristas, semellaba que os de Boris eran practicamente imparables en Inglaterra. É posible contentar ao electorado das zonas máis deprimidas do país ao tempo que se mantén o apoio do electorado conservador de toda a vida? Tamén falaremos da elección que se celebrará nas próximas semanas en Batley and Spen. Trátase dunha área historicamente laborista pero na que desta volta se xuntan varios factores que poden facer dela un cocktail totalmente imprevisible. Ademais, faremos un anuncio importante sobre o futuro do noso podcast despois desta terceira tempada que está a piques de acabar. Escoita, porque queremos contar coa túa opinión!

  • 59. A guerra das salchichas

    Estes días celébrase en Cornualles o cumio do G7 e, para disgusto de Boris Johnson, un dos temas a tratar é o conflito entre a Unión Europea e o Reino Unido por mor do comercio de mercadorías en Irlanda do Norte. É o que na prensa británica bautizaron como “sausage war”, a guerra das salchichas.