Mes: Xaneiro 2022

  • [Té sen Gotas] Como financiar unha cooperativa de vivenda?

    A semana pasada, no Té con Gotas, falamos das cooperativas de vivenda en cesión de uso. Un modelo moi establecido en Dinamarca e que está a gañar adeptos en Catalunya. Pero unha cousa que nos quedou no tinteiro foi falar do financiamento e das relacións coas entidades de crédito. Neste Té sen Gotas volvemos falar con José Téllez, de Sostres Civic, e con Xosé Manuel Marcote, de Galca Solucións Habitacionais para que nos conten as dificultades que teñen para acceder a liñas de crédito.

  • 65. Cooperativas de vivenda en cesión de uso: unha alternativa para un fogar asequible?

    No podcast desta semana analizamos a experiencia das cooperativas de vivenda en cesión de uso, un modelo de vivenda social que leva décadas poñéndose en práctica en países como Dinamarca e que no Estado español comeza a dar os seus primeiros pasos en Barcelona. Para comprender esta experiencia e entender algo mellor o mercado da vivenda no Estado falamos con José Téllez, un dos portavoces da cooperativa de vivenda catalana Sostre Civic, con Andrei Quintiá, investigador da Universidade de Santiago de Compostela (USC) especializado na área das políticas públicas de vivenda, e con Xosé Manoel Marcote, xestor de Galca Solucións Habitacionais, unha xestora galega de cooperativas de vivenda.