Etiqueta: Té Sen Gotas
-
[Exclusivo para Patreons] Que son os pasaportes covid e como se poden aplicar?
O Reino Unido xa administrou preto de 18 millóns de primeiras doses da vacina contra a covid-19. O goberno publicou xa un detallado plan para a volta á normalidade nos vindeiros meses. Unha das medidas que están a barallar para axudar coa transición é a dos "pasaportes covid", un certificado de inmunización que podería permitir viaxar ao estranxeiro ou facer determinadas cousas no Reino Unido. No podcast desta semana analizamos os pros, os contras, e os debates éticos ao redor desta proposta.
-
Té Sen Gotas. Votar no tempo do coronavirus
No Té Sen Gotas desta semana saímos un chisco das fronteiras do Reino Unido e falamos de que países afrontaron xa procesos electorais durante a pandemia do coronavirus. En menos de dous meses Galiza terá que ir ás urnas, así que está ben saber que se está facendo por aí e que podemos aprender.