11. Modelo Preston: un éxito desde o local e o cooperativismo

Neste episodio analizamos o que está a acontecer na localidade inglesa de Preston, que vén de ser recoñecida como a cidade con mellor modelo de desenvolvemento do país. A súa receita do éxito baséase en apostar pola contratación de servizos a empresas locais por parte das administracións públicas e as 'institucións áncora' da zona, e a creación de empresa cooperativas seguindo o modelo do grupo Mondragón. Na entrevista falamos con Julian Manley, un dos autores intelectuais desta iniciativa que tanto está a dar que falar no Reino Unido.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará