Mes: Outubro 2020

  • 45. Galego en Londres

    Hoxe falamos dunha auténtica institución da diáspora galega no Reino Unido: o proxecto Galego en Londres. O que comezou como unha proposta educativa para a aula de lingua galega do instituto español Cañada Blanch, rematou por converterse nun punto de encontro para os galegos e galegas emigrados no Reino Unido. Falamos cos dous nomes propios que deron vida a este proxecto: Xaime Varela e Begoña González.

  • [Exclusivo para Patreons] Qanon chega ao UK

    Por petición popular, no Té Sen Gotas desta semana falamos da chegada ao Reino Unido de Qanon, unha teoría da conspiración de extrema dereita nacida nos Estados Unidos e que está fortemente vencellada ao movemento pro-Trump.

  • 44. Escocia: cara un novo referendo de independencia?

    Malia que un 62% dos escoceses votaron a favor de permanecer na Unión Europea no referendo de 2016, Escocia está sendo arrastrada contra a súa vontade cara un Brexit pilotado en exclusiva desde Londres. A saída da UE e o ascenso como primeiro ministro de Boris Johnson están a reavivar os cantos de independencia nun país que en maio celebrará eleccións ao seu Parlamento nacional. O Scottish National Party (SNP), a quen todas as enquisas dan como claro gañador, xa anunciou a súa intención de convocar un segundo referendo de independencia, malia que Boris Johnson se nega a aprobalo. Encamíñase Escocia cara unha nova consulta histórica sobre o seu futuro?

  • 🚷 A terra no UK, propiedade de catro; e os 16.000 novos infectados que agochaba un Excel

    Velaquí está o newsletter do 7 de outubro de 2020. Subscríbete aquí! Moi boas! Disque a Raíña de Inglaterra, con isto da Covid, vai perder moreas de cartos polas rentas do […]

  • [Exclusivo para Patreons] A propiedade da terra no UK

    Este contido é exclusivo para subscritores. Se queres apoiar o Té con Gotas, rexístrate na nosa páxina de Patreon facendo click aquí. Se xa es subscritor, podes desbloquear o contido […]