Mes: Abril 2021

  • 📚 Traballar para o Estado: hai alternativa ás oposicións?

    Todos os mércores enviamos un newsletter coas últimas novidades do que está a acontecer no Reino Unido. A continuación, reproducimos o do pasado mércores 28 de abril. Se che gusta, […]

  • 56. Hai alternativa ás oposicións?

    No Té con Gotas desta semana falamos de modelos de contratación no sector público. En todos os países pasan anos memorizando temarios infinitos ou hai alternativas ás oposicións? Comentamos o caso británico e entrevistamos a Serafín Pazos Vidal, xefe da oficina de Bruxelas da Convención de Autoridades Locais Escocesas.

  • [Exclusivo Patreons] O fútbol inglés contra Florentino

    A Super Liga europea de fútbol terá que esperar. A proposta de cártel futbolístico impulsada polo presidente do Real Madrid, Florentino Pérez, e outros 11 clubes europeos esfarelou na tarde de onte despois de que as seis equipas inglesas que co-impulsaban a iniciativa comezasen a darse de baixa unha tras outra. No podcast desta semana analizamos as fortes presións políticas, sociais e deportivas que en Inglaterra forzaron aos seis clubes a deixar tirado a Florentino en cuestión de horas. O audio é só un extracto do Té sen Gotas desta semana, o noso podcast exclusivo para socios. Se queres escoitalo enteiro, subscríbete no noso Patreon.

  • 55. David Cameron, un ‘lobbista’ nos tempos da Covid

    No podcast de hoxe falamos de tráfico de influencias e portas xiratorias. En concreto, das portas que cruzou o exprimeiro ministro David Cameron para chegar do número 10 de Downing Street ao seu posto como lobbysta da empresa financeira Greensill Capital, no foco da prensa económica nas últimas semanas por entrar en quebra. Unha investigación xornalística revelou como Cameron presionou a membros do actual Goberno para que a firma que representa se beneficiase dalgúns dos programas de axudas á empresa postos en marcha por Boris Johnson durante a pandemia. O escándalo levou ao Goberno a abrir unha investigación sobre o papel e as presións de Cameron. Pero aínda hai máis. A caída de Greensill ten unha conexión directa con Galiza, en concreto coa Mariña lucense. Escoita o podcast enteiro para saber o por que.