47. O regreso de Lady Di e entrevista coa lingüista Harriet Cook

No podcast desta semana falamos do regreso da Princesa de Gales, Diana Spencer, á actualidade británica. Por un lado, volta estar na boca da xente pola estrea da cuarta tempada da serie de Netflix ‘The Crown’, onde se repasan os seus primeiros anos como integrante da familia real británica. Por outro, este mes de novembro fanse 25 anos dunha das súas entrevistas máis controvertidas, arredor da cal acaba de xurdir unha nova polémica. Na entrevista, contamos cunha convidada moi especial: a lingüista británica Harriet Cook, que nos contará (en galego!) de onde vén a súa paixón polo noso país e como se lle deu por investigar as cantigas medievais galego-portuguesas, entre outros asuntos.


One Reply to “47. O regreso de Lady Di e entrevista coa lingüista Harriet Cook”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará