Programas

  • 30. Boris contra o Coronavirus

    Os nosos ouvintes en Galiza estarán pechados na casa baixo ameaza de multa. Pero aquí no Reino Unido as medidas para loitar contra o coronavirus son máis suaves. É que até hai moi pouco a estratexia do goberno non era máis ca mitigar a expansión da enfermidade, pero sen aspirar a contela. No podcast de hoxe falamos da política do goberno de Boris Johnson sobre o coronavirus e entrevistamos a Natalia Cabana, enfermeira no hospital St George’s do sur de Londres.

  • 29. A House of Lords e o coronavirus

    No podcast desta semana falamos dunha institución que sempre chama a atención de calquera recén chegado á política británica: a Cámara dos Lores. Unha das partes fundamentais do parlamento de Westminster que está elixida pola nobreza e o clero.

  • 28. O Laborismo post-Corbyn. Quen gañará as primarias?

    Logo dos malos resultados colleitados polo Partido Laborista, Jeremy Corbyn anunciou que dimitiría como líder en canto se escolle a un substituto ou unha substituta. O movemento laborista, que inclúe tanto ao partido como aos sindicatos, leva inmerso varios meses nunhas primarias que culminarán o 5 de abril, o mesmo día que Galiza escolle o seu parlamento. No podcast desta semana analizamos as tres candidaturas e falamos dos temas clave da campaña.

  • 27. Peñas galegas no Reino Unido: os London Celtas e os RCD London

    Neste episodio falamos de fútbol e de como este deporte pode construir comunidade entre os galegos e galegas do Reino Unido. Conversaremos con María Sabarís, voceira da peña celtista London Celtas, e con Sergio Gantes, vicepresidente da peña deportivista RCD London, que nos contarán como botaron a andar ambos colectivos e como a paixón por Celta e Deportivo tamén serve para facer sentir na casa a quen emigra. Atentos ao final, que lles arrincamos un compromiso para este ano…

  • [Especial] O Té con Gotas no atentado de Streatham

    O último atentado yihadista en Londres colleu aos dous presentadores do Té con Gotas a uns 480 metros de distancia. Así como o viron.

  • 26. O día no que o Reino Unido marchou da Unión Europea

    Logo de case catro anos desde o referendo de 2016, finalmente o Reino Unido sae hoxe da Unión Europea. Neste podcast especial falamos das tarefas que ten por diante o goberno británico neste 2020 e reflexionamos sobre como se cubren estes temas na prensa galega e española.

  • 25. Despois do Brexit chega o Megxit e entrevista con Vuela Más Alto

    Hoxe falaremos do culebrón na Casa Real, explicando por que é un problema para a Coroa e cales son os detalles máis peliagudos deste Megxit que leva unha semana ocupando […]

  • 24. Benvidos a Borisland

    Neste episodio analizamos o resultado das eleccións británicas do pasado xoves 12 de Decembro, nas que o partido Conservador de Boris Johnson gañou con maioría absoluta. Falaremos da caída do […]

  • 23. Conta atrás para as eleccións máis decisivas

    Neste podcast falamos das eleccións do 12 de decembro, analizando as principais propostas feitas polos diferentes partidos e a situación das enquisas no ecuador da campaña. Falaremos das diferenzas entre […]

  • 22. The Bristol Cable: un xornal local con raíces. Entrevista a Inma Gil

    Neste episodio falamos do The Bristol Cable, un xornal local cooperativo de Bristol que desde hai anos se fixo famoso pola súa forma de involucrar á comunidade local na toma […]