Recent Posts
-
[Exclusivo Patreons] Rehabilitación enerxética para o desenvolvemento local
A semana pasada dedicámoslle un programa completo á cuestión do "retrofitting", é dicir, da rehabilitación enerxética. Para este Té Sen Gotas, queremos pararnos un pouco máis na relación entre un programa ambicioso de modernización do parque de vivenda e o "community wealth building", un concepto do que tamén falamos hai unhas semanas. Ademais, revisitamos as propostas da New Economics Foundation para entender que outras opcións máis aló das axudas directas se poden usar para fomentar que os propietarios renoven as súas vivendas.
-
64. Rehabilita a túa vivenda para salvar o planeta
Esta semana falamos do concepto de "retrofit", é dicir, da rehabilitación de vivenda para mellorar a súa eficiencia enerxética. Este tema, que pode parecer moi seco, é unha porta aberta para reducir de xeito significativo as emisións de CO2 e, ao mesmo tempo, aforrar na factura da luz e crear milleiros de postos de traballo. Conversamos con Aydin Dikerdem, do think tank británico New Economics Foundation, e coordinador dunha campaña para promover un programa masivo de modernización da vivenda no Reino Unido. Ao outro lado do Atlántico entrevistamos a Elena Ampudia, decana do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.
-
63. Community Wealth Building: crear riqueza con raíces desde o local
Esta semana falamos do Community Wealth Building, un modelo de desenvolvemento local que continúa a colleitar éxitos aló onde se pon en práctica. A grosso modo, esta estratexia busca frear a concentración da riqueza nos grandes centros urbanos e financeiros, promovendo o gasto público en pequenas e medianas empresas locais e apostando por unha economía máis democrática a través do cooperativismo e outras modalidades de propiedade comunitaria. Para coñecer máis polo miúdo en que consiste este modelo, falaremos con Sarah McKinley, unha das portavoces do think tank Democracy Collaborative, que nos contará como comezaron a apostar por esta estratexia en Cleveland. No Reino Unido, conversaremos con Rachel Bentley, directora asociada do think tank Centre for Local Economic Strategies (CLES), que tamén nos porá ao día do Modelo Preston, un vello coñecido do noso podcast. Con todo, tamén nos preguntamos que marxe de manobra temos en Galiza para poñer en marcha estas propostas. Para responder a esa pregunta, parolaremos co profesor de Dereito Administrativo e secretario xeral da Universidade da Coruña (UDC), Carlos Aymerich.
-
[Exclusivo Patreons] Perpetual Guardian e Desigual, dous xeitos diferentes de entender a semana laboral de catro días
No Té sen Gotas desta semana queremos afondar na idea da semana laboral de catro días a través do caso de dúas empresas privadas que tiveron moita repercusión na prensa: o da neozelandesa Perpetual Guardian e o da catalana Desigual. A primeira, que comezou a ensaiar con este modelo aló por 2018, foi un exemplo de como reducir horas de traballo sen recortar salarios, en diálogo cos traballadores e aumentando a productividade. Desigual, que aínda non puxo en funcionamento a xornada reducida, optou en cambio por rebaixar as nóminas lixeiramente, ofrecendo menos flexibilidade aos empregados que non queiran acatar a nova semana e facendo menos esforzos por chegar a un acordo cos representantes dos traballadores.
-
62. A semana laboral de 4 días: unha utopía inevitábel?
Comeza a nova etapa do Té con Gotas. A primeira gran idea da que imos falar é da proposta da semana laboral de 4 días. Viaxamos a Islandia da man de Jack Kellam, un investigador do think tank británico Autonomy, que escribiu un inform sobre o proxecto piloto de redución de xornada que fixeron na illa nórdica. Tamén falamos con Andrés Tarascó, CEO de Tarlogic, unha empresa de ciberseguridade con sede en Teo que está experimentado cunha semana laboral de 4 días.
-
61. Fin de etapa no Té con Gotas (vémonos en setembro)
Este é o último programa da etapa británica do Té con Gotas. Non só pechamos tempada, senón que cando volvamos despois do verán, farémolo con outro formato non tan centrado na actualidade do Reino Unido. O programa de hoxe está dedicado a facer memoria e lembrar o que aprendimos con este proxecto, os nosos programas favoritos e tamén reflexionamos sobre as ideas que nos gustaría levar a Galiza.
-
60. O traspés co que Boris non contaba e un anuncio IMPORTANTE do Té con Gotas
No podcast de hoxe analizamos os resultados da by election de Chesham and Amersham, un feudo tradicional dos conservadores no que, contra o que anticipaban todas as enquisas, gañaron os liberal demócratas. Despois das últimas victorias tories en zonas laboristas, semellaba que os de Boris eran practicamente imparables en Inglaterra. É posible contentar ao electorado das zonas máis deprimidas do país ao tempo que se mantén o apoio do electorado conservador de toda a vida? Tamén falaremos da elección que se celebrará nas próximas semanas en Batley and Spen. Trátase dunha área historicamente laborista pero na que desta volta se xuntan varios factores que poden facer dela un cocktail totalmente imprevisible. Ademais, faremos un anuncio importante sobre o futuro do noso podcast despois desta terceira tempada que está a piques de acabar. Escoita, porque queremos contar coa túa opinión!
-
59. A guerra das salchichas
Estes días celébrase en Cornualles o cumio do G7 e, para disgusto de Boris Johnson, un dos temas a tratar é o conflito entre a Unión Europea e o Reino Unido por mor do comercio de mercadorías en Irlanda do Norte. É o que na prensa británica bautizaron como “sausage war”, a guerra das salchichas.
-
58. O ano no que o Reino Unido vendeu os trens
Esta semana facemos un pouco de historia e revisamos a privatización do ferrocarril británico que tivo lugar a principios dos 90. Tamén entrevistamos ao maquinista do metro de Londres, Carlos Barros.
-
57. As eleccións en Inglaterra, Escocia e Gales
No podcast desta semana comentamos as implicacións políticas das recentes eleccións locais en Inglaterra e das lexislativas en Escocia e Gales. Centrámonos no impacto dos resultados nun debilitado Partido Laborista e dunha unión de nacións tamén nunha situación precaria.