Recent Posts

  • 56. Hai alternativa ás oposicións?

    No Té con Gotas desta semana falamos de modelos de contratación no sector público. En todos os países pasan anos memorizando temarios infinitos ou hai alternativas ás oposicións? Comentamos o caso británico e entrevistamos a Serafín Pazos Vidal, xefe da oficina de Bruxelas da Convención de Autoridades Locais Escocesas.

  • [Exclusivo Patreons] O fútbol inglés contra Florentino

    A Super Liga europea de fútbol terá que esperar. A proposta de cártel futbolístico impulsada polo presidente do Real Madrid, Florentino Pérez, e outros 11 clubes europeos esfarelou na tarde de onte despois de que as seis equipas inglesas que co-impulsaban a iniciativa comezasen a darse de baixa unha tras outra. No podcast desta semana analizamos as fortes presións políticas, sociais e deportivas que en Inglaterra forzaron aos seis clubes a deixar tirado a Florentino en cuestión de horas. O audio é só un extracto do Té sen Gotas desta semana, o noso podcast exclusivo para socios. Se queres escoitalo enteiro, subscríbete no noso Patreon.

  • 55. David Cameron, un ‘lobbista’ nos tempos da Covid

    No podcast de hoxe falamos de tráfico de influencias e portas xiratorias. En concreto, das portas que cruzou o exprimeiro ministro David Cameron para chegar do número 10 de Downing Street ao seu posto como lobbysta da empresa financeira Greensill Capital, no foco da prensa económica nas últimas semanas por entrar en quebra. Unha investigación xornalística revelou como Cameron presionou a membros do actual Goberno para que a firma que representa se beneficiase dalgúns dos programas de axudas á empresa postos en marcha por Boris Johnson durante a pandemia. O escándalo levou ao Goberno a abrir unha investigación sobre o papel e as presións de Cameron. Pero aínda hai máis. A caída de Greensill ten unha conexión directa con Galiza, en concreto coa Mariña lucense. Escoita o podcast enteiro para saber o por que.

  • 54. A ruptura do independentismo escocés

    Falamos do conflito que enfronta aos dous grandes líderes do independentismo escocés no século XXI: Alex Salmond e Nicola Sturgeon. Unha serie de denuncias de abusos sexuais contra o antigo líder do SNP levaron a un conflito de difícil solución entre estes dous vellos aliados. A pouco máis dun mes das eleccións escocesas, Alex Salmond anuncia a aparición dun novo partido independentista: ALBA. Sobre isto conversamos con Xabier Villares, galego residente en Edimburgo e afiliado ao Scottish National Party de Nicola Sturgeon.

  • [Exclusivo Patreons] A lei mordaza británica

    O parlamento británico está debatendo unha proposta de lei que, entre outras cousas, outogará poderes especiais á policía para disolver protestas que causen demasiados prexuízos a terceiros. No Té Sen Gotas desta semana debullamos esta lei e explicamos os acontecementos que fixeron que estivese de tanta actualidade.

  • 53. Cara unha nova política económica conservadora?

    Rematou finalmente a política de austeridade? Estase abrindo unha nova era onde os impostos altos e a intervención pública na economía van ser o habitual? No Té con Gotas desta semana debullamos o orzamento presentado hai un par de semanas polo goberno británico, que inclúe fortes subidas de impostos e un nivel de investimento pouco habitual en gobernos conservadores.

  • 52. A reforma do voto rogado – entrevista con Pilar Cancela

    Para poder votar desde a emigración, hai que solicitarllo ao goberno español para que envíen a documentación por correo postal. A isto chámaselle voto rogado, e leva sendo un quebradeiro de cabeza desde que se implantou no ano 2011. A semana pasada, o PSOE e Unidas Podemos presentaron unha proposta de lei para derrogalo. No Té con Gotas entrevistamos a unha das súas promotoras, Pilar Cancela, deputada do PSOE pola provincia da Coruña.

  • [Exclusivo para Patreons] Que son os pasaportes covid e como se poden aplicar?

    O Reino Unido xa administrou preto de 18 millóns de primeiras doses da vacina contra a covid-19. O goberno publicou xa un detallado plan para a volta á normalidade nos vindeiros meses. Unha das medidas que están a barallar para axudar coa transición é a dos "pasaportes covid", un certificado de inmunización que podería permitir viaxar ao estranxeiro ou facer determinadas cousas no Reino Unido. No podcast desta semana analizamos os pros, os contras, e os debates éticos ao redor desta proposta.

  • 51. Catro nacións, catro seleccións

    Cando este verán se xogue a Eurocopa de fútbol, Marcus Rashford vestirá a camisola da selección de Inglaterra mentres que Gareth Bale competirá coas cores de Gales. Os dous son cidadáns británicos, pero xogan con seleccións nacionais diferentes. No podcast desta semana falaremos de por que en moitas competicións internacionais o Reino Unido non participa como tal e cede o protagonismo ás 4 nacións constituíntes. Ademais, entrevistaremos a Alexandre Sanmartín Costa, adestrador da selección galega de fútbol gaélico, a única disciplina deportiva en que Galiza competiu con equipa propia nun torneo internacional.

  • 50. Carlos Durão, un galego de Londres (parte 2)

    Segunda parte da extensa entrevista co lingüísta Carlos Durão. Nesta ocasión falamos da súa aproximación ao reintegracionismo, da súa relación co filólogo e escritor Ernesto Guerra da Cal e do seu papel como embaixador non oficial do galeguismo no Reino Unido.