Recent Posts

  • [Exclusivo para Patreons] Por que funciona o programa de vacinación no Reino Unido?

    No Té Sen Gotas desta semana debullamos as claves do éxito relativo do programa de vacinación contra a covid-19 do Reino Unido. Cales foron os acertos, cales as incógnitas e cales as diferenzas coa Unión Europea?

  • 50. Carlos Durão, un galego de Londres (parte 1)

    O protagonista do programa de hoxe chámase Carlos Durão. El é un dos galegos máis veteranos da comunidade de emigrantes no Reino Unido e un exemplo de compromiso coa lingua e cultura galegas desde o exterior. Traductor políglota e escritor, foi un dos promotores do Grupo de Traballo de Galego de Londres, unha asociación de galeguistas que desde a capital británica editaba un boletín que se distribuía por correo con reflexións sobre o ensino do galego e da situación cultural e política de Galicia. Desde a diáspora, tamén axudou a impulsar a Associaçom Galega da Língua (AGAL), facendo da defensa do reintegracionismo un dos seus cabalos de batalla persoais. Nesta primeira parte da conversa que tivemos con el, Carlos recorda como foi a súa chegada ao Reino Unido nos anos 60 e os seus primeiros contactos cos exilados republicanos e coa comunidade de galegos en Londres.

  • [Exclusivo para Patreons] O futbolista que puxo a Boris contra as cordas

    Neste primeiro Té Sen Gotas do ano falamos de fútbol e política. Concretamente do caso de Marcus Rashford, xogador do Manchester United, e cara visible dunha campaña de presión para que o goberno británico manteña os menús escolares gratuítos cando os colexios estean pechados.

  • O epílogo do Brexit. Chegamos xa á terra prometida?

    Boas, Este é o primeiro newsletter do 2021 e moitas cousas mudaron desde que despedimos o ano hai unhas semanas. Para comezar, o Reino Unido está xa completamente fóra da […]

  • 49. Acordo Reino Unido-UE: e agora que?

    O Reino Unido e a Unión Europea selaron in extremis un acordo comercial na última semana de decembro que regulará a relación entre ambos bloques a partir de 2021. Malia que o sector servizos non se inclúe no tratado, os bens poderán comerciarse sen pagar aranceis, a pesar de que si serán necesarios controis na fronteira. En canto a pesca, os barcos da UE manterán os seus dereitos pesqueiros durante polo menos 5 anos, aínda que nese tempo perderán un 25% da súa cota. Estas son algunhas das resolucións clave do acordo pero, como está a ser a implementación nas primeiras semanas do ano? Que supón este tratado para o futuro da política británica? Que pasará, por exemplo, co sector financeiro? A estas e outras preguntas respostamos no episodio de hoxe.

  • [Exclusivo para Patreons] O podcast sobre Brexit que non puido ser

    Gustaríanos ter rematado o 2020 cun podcast explicando o novo acordo comercial que vai regular a relación entre o Reino Unido e a Unión Europea a partir de 2021. Pero, para variar, as negociacións seguen estancadas e nós imos marchar de vacacións, así que temos que conformarnos cun podcast explicando os tres grandes puntos de fricción: regras de xogo, arbitraxe e pesca.

  • 48. Transparencia, fuga de cerebros e entrevista con Sara Fernández

    Esta semana comparamos a cultura da transparencia das institucións públicas en Galiza e no Reino Unido. Neste programa tamén abordamos un tema lixeiramente relacionado, o da fuga de cerebros. Entrevistamos á economista Sara Fernández López, que vén de publicar xunto con outros investigadores do Foro Económico de Galicia un informe analizando a fuga de talento no noso país.

  • [Exclusivo para Patreons] Unirse ao ISIS: camiño de ida sen volta?

    Hoxe falamos do caso de Shamima Begun, unha rapaza británica que en 2015, con tan só 15 anos, deixouno todo para unirse ao ISIS en Siria. Shamima está agora presa nun campo de prisioneiros controlado polas milicias kurdas. A pesar da súa intención de regresar ao Reino Unido, o Goberno de Boris Johnson retiroulle a nacionalidade por considerala unha ameaza para a seguridade. O Tribunal Supremo decide estas semanas se Shamima ten dereito a volver a Londres para, como mínimo, apelar contra esta decisión. A polémica está a abrir un debate moi fondo sobre os dereitos fundamentais no país.

  • 47. O regreso de Lady Di e entrevista coa lingüista Harriet Cook

    No podcast desta semana falamos do regreso da Princesa de Gales, Diana Spencer, á actualidade británica. Por un lado, volta estar na boca da xente pola estrea da cuarta tempada da serie de Netflix 'The Crown', onde se repasan os seus primeiros anos como integrante da familia real británica. Por outro, este mes de novembro fanse 25 anos dunha das súas entrevistas máis controvertidas, arredor da cal acaba de xurdir unha nova polémica. Na entrevista, contamos cunha convidada moi especial: a lingüista británica Harriet Cook, que nos contará (en galego!) de onde vén a súa paixón polo noso país e como se lle deu por investigar as cantigas medievais galego-portuguesas, entre outros asuntos.

  • [Exclusivo para Patreons] Bye, bye Cummings

    Dominic Cummings foi o cerebro detrás da campaña de Vote Leave, o Rasputín de Boris Johnson e unha fonte inesgotable de material para o Té con Gotas. No xornalismo británico fálase moito dos asesores das figuras que están detrás dos políticos e que moitas veces poden ser tan determinantes ou máis ca ministros ou deputados. No Té Sen Gotas desta semana falamos da saída de Downing Street desta personaxe tan controvertidas