Recent Posts

  • 46. Joe Biden presidente: malas novas para o Reino Unido? Entrevista con Adriana Páramo

    No podcast desta semana analizamos as consecuencias para o Reino Unido da elección de Joe Biden como presidente dos Estados Unidos. Suporá ter un demócrata na Casa Branca un obstáculo para o tratado comercial que Boris Johnson prometeu pechar con Washington tras saír da UE? Por que Biden en particular pode ser un problema no conflicto da fronteira de Irlanda do Norte? Na parte da entrevista, falaremos con Adriana Páramo, unha directora de cinema e productora galega que desenvolveu durante dez anos a súa carreira en Londres e que vén de protagonizar un documentario sobre as vivencias dos emigrantes españois no Reino Unido.

  • [Exclusivo para Patreons] Un algoritmo para poñer as notas

    O coronavirus trouxo moitos cambios na nosa vida cotiá. Para o estudantado británico supuxo que non puideron facer os exames de fin de curso, incluídos os A levels, que determinan o acceso á universidade. Para paliar esta situación, o goberno deseñou un algoritmo que servise para determinar as notas que levaría cada alumno.

  • 45. Galego en Londres

    Hoxe falamos dunha auténtica institución da diáspora galega no Reino Unido: o proxecto Galego en Londres. O que comezou como unha proposta educativa para a aula de lingua galega do instituto español Cañada Blanch, rematou por converterse nun punto de encontro para os galegos e galegas emigrados no Reino Unido. Falamos cos dous nomes propios que deron vida a este proxecto: Xaime Varela e Begoña González.

  • [Exclusivo para Patreons] Qanon chega ao UK

    Por petición popular, no Té Sen Gotas desta semana falamos da chegada ao Reino Unido de Qanon, unha teoría da conspiración de extrema dereita nacida nos Estados Unidos e que está fortemente vencellada ao movemento pro-Trump.

  • 44. Escocia: cara un novo referendo de independencia?

    Malia que un 62% dos escoceses votaron a favor de permanecer na Unión Europea no referendo de 2016, Escocia está sendo arrastrada contra a súa vontade cara un Brexit pilotado en exclusiva desde Londres. A saída da UE e o ascenso como primeiro ministro de Boris Johnson están a reavivar os cantos de independencia nun país que en maio celebrará eleccións ao seu Parlamento nacional. O Scottish National Party (SNP), a quen todas as enquisas dan como claro gañador, xa anunciou a súa intención de convocar un segundo referendo de independencia, malia que Boris Johnson se nega a aprobalo. Encamíñase Escocia cara unha nova consulta histórica sobre o seu futuro?

  • [Exclusivo para Patreons] A propiedade da terra no UK

    Este contido é exclusivo para subscritores. Se queres apoiar o Té con Gotas, rexístrate na nosa páxina de Patreon facendo click aquí. Se xa es subscritor, podes desbloquear o contido […]

  • 43. Neno, que pasa co Brexit?

    Con este título con reminiscencias coruñesas abrimos a tempada 2 do Té con Gotas. E facémolo cun tema xa clásico neste podcast: o Brexit. Falamos dos últimos movementos deste verán e do estado das negociacións do tratado de libre comercio.

  • Juan Carlos á fuga? Entrevista exclusiva co xornalista que desvelou os últimos escándalos da Casa Real

    Esta semana facemos un alto nas nosas vacacións para facer un podcast sobre a Familia Real. O motivo? Temos en exclusiva unha entrevista con James Badcock, o xornalista británico que desvelou nas páxinas do Daily Telegraph algúns dos escándalos da Casa Real que fixeron ao Rei Juan Carlos fuxir do país.

  • 42. Adeus e até setembro!

    Neste podcast despedimos a primeira tempada do Té con Gotas repasando algúns dos mellores momentos deste ano e medio e anticipando algunhas das novidades que chegarán a partir de setembro.

  • 41. Entrevista con Antonio Rodríguez Miranda, candidato do PP

    Para pechar a nosa cobertura especial das eleccións galegas, entrevistamos a Antonio Rodríguez Miranda, candidato do Partido Popular na provincia de Ourense e Secretario Xeral de Emigración da Xunta de Galicia desde o ano 2012.