Recent Posts

  • 40. Entrevista con Xoaquín Fernández Leiceaga, presidente do PSdeG

    A nosa cobertura especial das eleccións galegas de 2020 tráenos hoxe ao presidente do PSdeG e coordinador do seu programa electoral, Xoaquín Fernández Leiceaga, con quen falaremos das súas propostas para a diáspora galega.

  • 39. Entrevista a Ana Pontón, candidata do BNG

    Continuamos a nosa cobertura especial das eleccións galegas de 2020 cunha entrevista a Ana Pontón, cabeza de cartel do BNG. Preguntámoslle polas propostas da formación nacionalista para a Galiza exterior.

  • 38. Entrevista a Antón Gómez Reino, candidato de Galicia en Común

    Comezamos a nosa cobertura especial das eleccións galegas entrevistando a Antón Gómez Reino, candidato á presidencia da Xunta de Galicia por Galicia en Común. Nas próximas semanas iremos falando con outros candidatos e representantes de distintas forzas políticas galegas.

  • 37. Auxe e caída (nas enquisas) de Boris Johnson

    Cando comezou a pandemia global, o goberno de Boris Johnson estaba nunha posición de forza. Mesmo nos primeiros meses da crise do coronavirus, a satisfación coa súa xestión era moi alta. Pero nas últimas semanas a opinión pública comezou a virarlle as costas ao goberno. No podcast desta semana falamos do auxe e caída -polo menos nas enquisas- do primeiro ministro.

  • Regresar a Galiza este verán? Guía para non perderse

    Comeza o mes de xuño e moitos dos galegos emigrados comezan a planificar o seu regreso á casa polo verán. Loxicamente, este ano non é coma outro calquera. Neste podcast especial de hoxe falamos das recomendacións que fai o Goberno español á hora de organizar as vacacións, aclaramos os prazos e novos requisitos que imporá a "nova normalidade" do Covid e explicaremos as mellores rutas para regresar a Galicia nos próximos meses.

  • 36. Falemos de saúde mental. Entrevista coa psiquiatra Violeta Pérez

    Unha das cousas que nos chamou a atención cando chegamos ao Reino Unido é o tratamento da saúde mental. Fálase dela máis abertamente, hai menos estigma e parece que se lle presta máis atención tanto na política como nas empresas. No podcast desta semana falamos deste tema coa psiquiatra infantil coruñesa Violeta Pérez.

  • Té Sen Gotas. Votar no tempo do coronavirus

    No Té Sen Gotas desta semana saímos un chisco das fronteiras do Reino Unido e falamos de que países afrontaron xa procesos electorais durante a pandemia do coronavirus. En menos de dous meses Galiza terá que ir ás urnas, así que está ben saber que se está facendo por aí e que podemos aprender.

  • 35. A vía británica cara o desconfinamento e entrevista á escenógrafa galega Ana Inés Jabares Pita

    A pesar do elevado número de mortos e infectados de Covid-19 que aínda rexistra por día, o Reino Unido comeza hoxe a levantar o pé do acelerador do confinamento. Farao máis a modo que o resto de Europa e entre críticas á errática política de comunicación do Goberno das últimas semanas. Neste podcast, comentaremos cales serán os cambios máis inmediatos e que debates están a espertar estas medidas no país. Na entrevista, falaremos con Ana Inés Jabares Pita, unha coruñesa galardonada a nivel internacional que traballa como escenógrafa no Reino Unido.

  • 34. Quen raio é Keir Starmer?

    No podcast desta semana falamos de Keir Starmer, o novo líder do partido Laborista. Logo dun logo período de primarias, este xurista londinense foi elixido para substituír a Jeremy Corbyn, pero ao estar o foco de atención no coronavirus, non sabemos demasiado sobre el.

  • 33. Traballadores clave e inmigración no mundo posCoronavirus

    No podcast desta semana falamos de inmigración e traballadores clave. Por primeira vez en moito tempo, e a raíz da crise do coronavirus, estase recoñecendo o papel esencial de traballos como os de limpadoras, caixeiras, repartidores de comida ou traballadoras sociais en residencias de anciáns, sectores que no Reino Unido ocupan a unha porcentaxe moi importante de inmigrantes. Suporá esta crise un cambio na política migratoria do Goberno? Levará a experiencia do Coronavirus a que estes sectores recuperen unha certa conciencia de clase que mellore os seus dereitos laborais? Para falar de todo isto, entrevistamos a Mariña Fernández Reino, unha investig