Etiqueta: entrevista

  • 56. Hai alternativa ás oposicións?

    No Té con Gotas desta semana falamos de modelos de contratación no sector público. En todos os países pasan anos memorizando temarios infinitos ou hai alternativas ás oposicións? Comentamos o caso británico e entrevistamos a Serafín Pazos Vidal, xefe da oficina de Bruxelas da Convención de Autoridades Locais Escocesas.

  • 51. Catro nacións, catro seleccións

    Cando este verán se xogue a Eurocopa de fútbol, Marcus Rashford vestirá a camisola da selección de Inglaterra mentres que Gareth Bale competirá coas cores de Gales. Os dous son cidadáns británicos, pero xogan con seleccións nacionais diferentes. No podcast desta semana falaremos de por que en moitas competicións internacionais o Reino Unido non participa como tal e cede o protagonismo ás 4 nacións constituíntes. Ademais, entrevistaremos a Alexandre Sanmartín Costa, adestrador da selección galega de fútbol gaélico, a única disciplina deportiva en que Galiza competiu con equipa propia nun torneo internacional.

  • 50. Carlos Durão, un galego de Londres (parte 2)

    Segunda parte da extensa entrevista co lingüísta Carlos Durão. Nesta ocasión falamos da súa aproximación ao reintegracionismo, da súa relación co filólogo e escritor Ernesto Guerra da Cal e do seu papel como embaixador non oficial do galeguismo no Reino Unido.

  • 48. Transparencia, fuga de cerebros e entrevista con Sara Fernández

    Esta semana comparamos a cultura da transparencia das institucións públicas en Galiza e no Reino Unido. Neste programa tamén abordamos un tema lixeiramente relacionado, o da fuga de cerebros. Entrevistamos á economista Sara Fernández López, que vén de publicar xunto con outros investigadores do Foro Económico de Galicia un informe analizando a fuga de talento no noso país.

  • 46. Joe Biden presidente: malas novas para o Reino Unido? Entrevista con Adriana Páramo

    No podcast desta semana analizamos as consecuencias para o Reino Unido da elección de Joe Biden como presidente dos Estados Unidos. Suporá ter un demócrata na Casa Branca un obstáculo para o tratado comercial que Boris Johnson prometeu pechar con Washington tras saír da UE? Por que Biden en particular pode ser un problema no conflicto da fronteira de Irlanda do Norte? Na parte da entrevista, falaremos con Adriana Páramo, unha directora de cinema e productora galega que desenvolveu durante dez anos a súa carreira en Londres e que vén de protagonizar un documentario sobre as vivencias dos emigrantes españois no Reino Unido.

  • 45. Galego en Londres

    Hoxe falamos dunha auténtica institución da diáspora galega no Reino Unido: o proxecto Galego en Londres. O que comezou como unha proposta educativa para a aula de lingua galega do instituto español Cañada Blanch, rematou por converterse nun punto de encontro para os galegos e galegas emigrados no Reino Unido. Falamos cos dous nomes propios que deron vida a este proxecto: Xaime Varela e Begoña González.

  • 39. Entrevista a Ana Pontón, candidata do BNG

    Continuamos a nosa cobertura especial das eleccións galegas de 2020 cunha entrevista a Ana Pontón, cabeza de cartel do BNG. Preguntámoslle polas propostas da formación nacionalista para a Galiza exterior.

  • 38. Entrevista a Antón Gómez Reino, candidato de Galicia en Común

    Comezamos a nosa cobertura especial das eleccións galegas entrevistando a Antón Gómez Reino, candidato á presidencia da Xunta de Galicia por Galicia en Común. Nas próximas semanas iremos falando con outros candidatos e representantes de distintas forzas políticas galegas.

  • 36. Falemos de saúde mental. Entrevista coa psiquiatra Violeta Pérez

    Unha das cousas que nos chamou a atención cando chegamos ao Reino Unido é o tratamento da saúde mental. Fálase dela máis abertamente, hai menos estigma e parece que se lle presta máis atención tanto na política como nas empresas. No podcast desta semana falamos deste tema coa psiquiatra infantil coruñesa Violeta Pérez.