Mes: Maio 2020
-
Newsletter do 27 de maio de 2020
Ola, No Reino Unido xa comezamos a sentir a chegada do verán por como pega o Sol e pola cantidade de fotos que a xente sube a redes sociais desde os […]
-
36. Falemos de saúde mental. Entrevista coa psiquiatra Violeta Pérez
Unha das cousas que nos chamou a atención cando chegamos ao Reino Unido é o tratamento da saúde mental. Fálase dela máis abertamente, hai menos estigma e parece que se lle presta máis atención tanto na política como nas empresas. No podcast desta semana falamos deste tema coa psiquiatra infantil coruñesa Violeta Pérez.
-
Newsletter do 20 maio de 2020
Ola << Test Nome >>, Os galegos da diáspora, e tamén os do interior, estamos chamados a votar nas Autonómicas do próximo 12 de xullo, así que no Té sen Gotas desta […]
-
Té Sen Gotas. Votar no tempo do coronavirus
No Té Sen Gotas desta semana saímos un chisco das fronteiras do Reino Unido e falamos de que países afrontaron xa procesos electorais durante a pandemia do coronavirus. En menos de dous meses Galiza terá que ir ás urnas, así que está ben saber que se está facendo por aí e que podemos aprender.
-
35. A vía británica cara o desconfinamento e entrevista á escenógrafa galega Ana Inés Jabares Pita
A pesar do elevado número de mortos e infectados de Covid-19 que aínda rexistra por día, o Reino Unido comeza hoxe a levantar o pé do acelerador do confinamento. Farao máis a modo que o resto de Europa e entre críticas á errática política de comunicación do Goberno das últimas semanas. Neste podcast, comentaremos cales serán os cambios máis inmediatos e que debates están a espertar estas medidas no país. Na entrevista, falaremos con Ana Inés Jabares Pita, unha coruñesa galardonada a nivel internacional que traballa como escenógrafa no Reino Unido.