Mes: Novembro 2020

  • 47. O regreso de Lady Di e entrevista coa lingüista Harriet Cook

    No podcast desta semana falamos do regreso da Princesa de Gales, Diana Spencer, á actualidade británica. Por un lado, volta estar na boca da xente pola estrea da cuarta tempada da serie de Netflix 'The Crown', onde se repasan os seus primeiros anos como integrante da familia real británica. Por outro, este mes de novembro fanse 25 anos dunha das súas entrevistas máis controvertidas, arredor da cal acaba de xurdir unha nova polémica. Na entrevista, contamos cunha convidada moi especial: a lingüista británica Harriet Cook, que nos contará (en galego!) de onde vén a súa paixón polo noso país e como se lle deu por investigar as cantigas medievais galego-portuguesas, entre outros asuntos.

  • [Exclusivo para Patreons] Bye, bye Cummings

    Dominic Cummings foi o cerebro detrás da campaña de Vote Leave, o Rasputín de Boris Johnson e unha fonte inesgotable de material para o Té con Gotas. No xornalismo británico fálase moito dos asesores das figuras que están detrás dos políticos e que moitas veces poden ser tan determinantes ou máis ca ministros ou deputados. No Té Sen Gotas desta semana falamos da saída de Downing Street desta personaxe tan controvertidas

  • 46. Joe Biden presidente: malas novas para o Reino Unido? Entrevista con Adriana Páramo

    No podcast desta semana analizamos as consecuencias para o Reino Unido da elección de Joe Biden como presidente dos Estados Unidos. Suporá ter un demócrata na Casa Branca un obstáculo para o tratado comercial que Boris Johnson prometeu pechar con Washington tras saír da UE? Por que Biden en particular pode ser un problema no conflicto da fronteira de Irlanda do Norte? Na parte da entrevista, falaremos con Adriana Páramo, unha directora de cinema e productora galega que desenvolveu durante dez anos a súa carreira en Londres e que vén de protagonizar un documentario sobre as vivencias dos emigrantes españois no Reino Unido.

  • [Exclusivo para Patreons] Un algoritmo para poñer as notas

    O coronavirus trouxo moitos cambios na nosa vida cotiá. Para o estudantado británico supuxo que non puideron facer os exames de fin de curso, incluídos os A levels, que determinan o acceso á universidade. Para paliar esta situación, o goberno deseñou un algoritmo que servise para determinar as notas que levaría cada alumno.